É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO BNG alerta de demoras de ‘semanas’ para lograr unha cita de Atención Primaria en Vigo
“Falamos de citas que se solicitaron a inicios deste mes e que se dan para véspera de noiteboa”
O Bloque Nacionalista Galego alertou esta mércores das “elevadas demoras” que se están a rexistrar na solicitude de citas médicas en diferentes centros de saúde de Vigo.
O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, denunciou que están a recibir queixas de veciñas e veciños neste sentido. “Falamos de citas que se solicitaron a inicios deste mes e que se dan para véspera de noiteboa”, exemplificou. Unha situación que afecta de maneira especial a persoas maiores, a doentes crónicos e tamén a atención pediátrica.
Falla de persoal en Atención Primaria
“A falla de recursos e, sobre todo, de persoal na Atención Primaria, despois de anos de recortes da Xunta do Partido Popular, supón un grave risco para a saúde das persoas”, manifestou. Neste sentido, o portavoz municipal nacionalista advertiu de que a situación de colapso que se vive en moitos centros de saúde pode traducirse na saturación dos servizos de urxencias.