Logo de 82 anos en mans do xenocida Francisco Franco e da súa familia, o pazo de Meirás está en mans públicas. O Estado é, aínda provisionalmente, o seu dono e o depositario do que hai no seu interior.
A sentenza ditada do Xulgado de 1ª Intancia número 1 da Coruña aínda non é firme. A mesma estableceu a nulidade da doación do inmoble efectuada en 1938 ao ditador.
Se a entrega do pazo fose definitiva, a intención do Estado-dacordo coa Xunta e o Concello de Sada- é que o mesmo se adique a explicar a “verdade” do réxime fascista, aliado do nazismo, e a salientar a figura da escritora Emilia Pardo Bazán, quen sí fora propietaria legal do mesmo.