A Consellería de Sanidade realizará un cribado poboacional, mediante a realización de PCR masiva, á poboación de Moaña.
Invítase a participar ás persoas maiores de 15 anos e realizarse unha proba, dende este xoves e e ata o vindeiro martes, na praza do Mercado de Abastos.
Ata alí achegarase un equipo de 14 profesionais para xestionar este proceso, desde as 8.30 ás 19.30 h.
Vanse instalar 6 carpas ás que a poboación citada poderá achegarse preferentemente no propio automóbil ou ben a pé.
Elevada incidencia da Covid-19
Esta decisión adoptouse dada a elevada incidencia da Covid-19 mantida nos últimos 14 días en Moaña. O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas aínda que non presenten clínica.
Autotoma de saliva
En Moaña o Sergas habilitou dúas modalidades de recollida de mostras para realizar a proba PCR: a autotoma de saliva e a nasofarínxea.
Así, á poboación de entre 15 e 70 anos se lles se entregará un kit cun tubito xunto coas indicacións para realizar nos seus domicilios unha recollida de saliva: recoller un 1ml de saliva ao levantarse, en xaxún, sen tomar auga e sen lavarse os dentes. Ao día seguinte terán que entregar o tubo no dispositivo habilitado na carpa situada ao carón da Cofraría.
As mostras serán procesadas no servizo de Microbioloxía do Hospital Alvaro Cunqueiro mediante a técnica de “Pooling” que permite agrupar varias mostras nunha única análise.
A poboación maior de 70 anos, ou aquela que presente maiores dificultades para producir saliva, se lles tomará unha mostra nasofarínxea.
Participación voluntaria
A poboación de Moaña é contactada polo Servizo Galego de Saúde e invitada a realizarse a proba diagnóstica PCR. A súa participación é completamente voluntaria, para elo se lles facilita unha cita -con dia e hora- para achegarse ao dispositivo sanitario.