Comarcas

Tomiño continúa ampliando a súa rede de saneamento

No presenta ano as vivendas conectadas chegaron xa a 45

O Concello de Tomiño continúa traballando para levar a rede de saneamento ao máximo número de vivendas posible, especialmente a aquelas máis achegadas á rede xa existente, onde resulta máis eficiente realizar a conexión.

45 novas incorporacións á rede de saneamento

Esta ampliación chegou xa aos barrios de Paredes, O Ral, Pazos, A Costa, San Lourenzo ou O Rexidouro, entre outros. Entre as vivendas que se sumaron no presente ano e aquelas que se conectaron a unha rede xa existente, chegan xa a 45.

Aparte da ampliación da rede, realizáronse tamén obras de mellora na existente, como a renovación do colector en Centinela, Goián. Aproveitando as obras de peonalización nas rúas República Arxentina e A Guarda, o Goberno local reunirse cos propietarios dos edificios colindantes para facer tamén a separativa das augas pluviais. Está previsto que esta obra se realice tamén no núcleo de Goián.

100.000 euros de investimento este ano

No presente ano o Concello de Tomiño investiu preto de 100.000€ en realizar melloras na rede. O Goberno local lembra que para aquelas familias que aínda non puideran conectarse, o Concello ofrece un servizo de baleirado de fosas sépticas. Os pasos e condicións para acceder a este servizo poden ser consultados na web municipal a través da ligazón https://tomino.gal/medio-ambiente/.

También te puede interesar