Comarcas

A presidenta da Deputación felicita o Nadal, “estou moi orgullosa de vós”

Agrada que en 2021 “volvamos a atoparnos, a abrazarnos e a estar xuntos”

Carmela Silva compartiu este luns no perfil da Deputación de Pontevedra en Twitter a súa felicitación de Nadal deste 2020.

A presidenta do organismo provincial deu as “grazas” a todas as veciñas e veciños da provincia, logo de subliñar que este “foi un ano moi duro”.

Silva amosouse “moi orgullosa de todas e todos vós” e animou a que gocemos deste Nadal e “coidemos ás persoas que queremos”.

A presidenta amosouse esperanzada de que 2021 permita que “volvamos a atoparnos, a abrazarnos e a estar xuntos” e asegurou de que imos a sair da situación actual “máis fortes”.

También te puede interesar