O Concello da Guarda ven de instalar no antigo salón de plenos e as antigas dependencias de Alcaldía o mobiliario específico para albergar o novo Arquivo Municipal. O mesmo atópase arestora repartido en dous edificios, o Centro Cultural de A Guarda e a antiga Casa Consistorial.
Deste xeito, unifícanse nun so espazo todos o documentos que o Concello ten arquivados, mellorando e optimizando á súa vez o servizo de consulta, tanto para o persoal municipal coma para o público xeral que precise consultar datos do arquivo.
Dixitalización
Nestes dous últimos anos o Concello de A Guarda, coa estreita colaboración da Deputación de Pontevedra, recopilou diferente material e en especial, dixitalizáronse libros e fotografías antigas de diferentes fondos privados que foron e son cedidas ao concello para a súa salvagarda. Non so assumiu a súa custodia, senón que que foron verquidos na plataforma ATOM da Deputación de Pontevedra para uso e desfrute da curiosidade da cidadanía.
Armarios metálicos
Estes novos módulos, cun orzamento total de 39,159.61€, foron instalados con cargo a unha subvención para o Equipamento e mellora das instalacións locais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
A nova ubicación do arquivo conta con armarios equipados con estantes e bastidores para poder soportar as carpetas, reforzados para garantir unha carga por estante de 100 Kg/m uniformemente repartidos, dispoñen de tope posterior e regulables en altura, con accesorios varios como suxeita libros, carpetas colgantes, etc.
Os armarios dispoñen de sistema de bloqueo xeral e elemento para evitar o acceso pola parte frontal, todos os paneis de peche e acabado teñen chapa de aceiro.