A empresa Lugove foi a adxudicataria do novo contrato de transportes licitado pola Xunta de Galicia para o Baixo Miño dentro do ‘Plan de Transporte Público de Galicia’.
Mellor comunicación coa Universidade, os hospitais e unha liña circular co Rosal
Segundo salientan dende o Concello da Guarda, neste novo contrato hai algúns cambios importantes, como “unha mellor comunicación co CUVI e os hospitais ou unha liña circular entre O A Guarda e O Rosal”. Ademais destas melloras haberá unha “redución das tarifas para aquelas persoas que utilicen a tarxeta prepago de transporte e para a xente moza”.
Nos itinerarios publicados pola Xunta hai un erro referido a A Guarda que se corrixirá nos próximos días. A parada A Guarda (Concepción Arenal, 87) non existe, e hai que substituíla por Rosalía de Castro s/n (Centro Cultural).
Toda a información dispoñible sobre novo plan de transporte, incluídos itinerarios, paradas e horarios pode consultarse na web www.bus.gal. Ademais a empresa dispón dunha páxina web na que publicará os horarios www.lugove.gal.