Galicia

Morre Xosé Manuel Díaz Maseda, histórico xornalista da Televisión de Galicia

Foi integrante da TVG dende a súa fundación en 1985

O xornalista da Televisión de Galicia Xosé Manuel Díaz Maseda morreu este mércores en Santiago logo de sufrir un grave accidente de tráfico o venres pasado.

Díaz Maseda, que tamén era licenciado en Dereito, levaba na TVG dende a súa fundación hai 35 anos.

Presentador, foi tamén redactor xefe de Informativos entre 2009 e 2017 e actualmente, era coordinador de Informativos de Televisión de Galicia 

También te puede interesar