Comarcas

O Concello de Tomiño realizou 239 baleirados de fosas sépticas este 2020

Ofrece este servizo a aquelas familias que aínda non puideron conectarse á rede de saneamento, que supoñen preto do 40% da poboación do municipio

O Concello de Tomiño ofrece desde febreiro de 2017 un servizo de baleirado de fosas sépticas para aquelas familias que aínda non puideron conectarse á rede de saneamento, que supoñen preto do 40% da poboación do municipio. Este problema vese agravado pola dispersión da poboación nun territorio moi extenso (106 km2).

244 familias

Neste servizo están censados actualmente un total de 244 persoas, das cales 130 o utilizaron durante o presente ano. En total foron realizados 239 baleirados en 2020 fronte aos 167 do ano anterior, un 43% máis.

O custo promedio que ten contratar unha empresa de baleirado adoita superar os 100 euros, pero coas bonificacións que o Concello ofrece aos usuarios adheridos a este servizo o custe do primeiro baleirado do ano cífrase en tan só 20 euros, pasando a 40 nos baleirados seguintes.

Para aqueles fogares que non poidan facer fronte ao pago está contemplada a exención.

Tempo medio de espera 4,5 días

O tempo de demora medio desde que o usuario demanda a limpeza ata que se produce é de 4,5 días. Este tempo pode verse dilatado en función da demanda do servizo —que se leva a cabo os martes e xoves—, especialmente nas épocas de chuvia.

Aumento da demanda polo confinamento

O confinamento domiciliario dos meses de marzo e xuño tivo como consecuencia un aumento da demanda do servizo. Deste xeito, chegouse a concentraren estes catro meses case o 50% do total de baleirados.

Para solicitar o Servizo de baleirado de fosas sépticas, o titular da vivenda debe dirixirse primeiro á empresa AQUALIA e pedir un certificado de non estar conectado á rede de saneamento, ou ben estar situado a máis de 50 metros da mesma (se está a menos é obrigatorio conectarse). Do mesmo xeito, debe pasar polo Concello para inscribirse no Rexistro de Fosas Sépticas e Pozos Negros e cubrir unha solicitude (de autorización para o baleirado) a primeira vez que se solicita o servizo.

Toda a información para a solicitude do servizo pode consultarse na páxina web do Concello de Tomiño no apartado de “Medio Ambiente”: https://tomino.gal/medio-ambiente/

También te puede interesar