Os 52 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia recibirán desde este luns, día 28, un total de 54.000 novas máscaras cirúrxicas. As mesmas repartiranse nun operativo operativo coordinado pola Deputación de Pontevedra no marco do acordo de colaboración institucional coa
Subdelegación do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para facer chegar o material de protección aos colectivos máis vulnerables.
En función da poboación
As máscaras, sinalan dende a Deputación, “repártense con criterios obxectivos en función da poboación, como se vén facendo dende o comezo da pandemia”.
Con esta son xa catro as reparticións de máscaras efectuadas pola Deputación, totalizando un total de 266.500 unidades. En concreto, a institución provincial achegou unha primeira remesa de 57.000 máscaras en maio, unha segunda de 97.500 en setembro e unha terceira de 58.000 en novembro gracias a este plan de cooperación institucional.
Así será o reparto
A Deputación enviou unha nova carta aos alcaldes e alcaldesas da provincia para informarlles da chegada deste novo envío destacando que o material está destinado “aos colectivos máis vulnerables do voso territorio”, xunto a operarios de limpeza e residuos sólidos, traballadores/as sociais e policías locais.
Ademais explica os criterios de reparto, que consisten en asignar 500 unidades aos concellos de menos de 3.000 habitantes; 800 aos que teñen ata 5.000 habitantes; 1.100 aos que contan con ata 10.000 habitantes;, 1.550 aos de menos de 15.000 habitantes e, finalmente, 1.650 unidades aos concellos de ata 20.000 habitantes.