O día dos Santos Inocentes de 2020 pasará a historia coma o día no que a histórica Ronda de Don Bosco perdeu totalmente o seu patrimonio histórico natural. Os derradeiros cedros desta praza foron tallados en ‘aras da seguridade veciñal’ , según as autoridades locais.
Ecoloxistas en Acción lembra que “o conxunto de árbores da praza fora xa eliminado”, caendo outros 2 cedros en xuño como “resultado dos recortes realizados nas extensas raíces, que os operarios mutilaron para poder realizar a cementación das obras“. Moitos veciños e asociacións daban por perdidos os outros dous cedros que foron apuntalados con estacas para evitar a súa caída.
O comunicado oficial do Concello recoñece que as dúas árbores tiñan perigo de desplome pero non asume a responsabilidade (ou a responsabilidade da empresa contratada), por neglixencia ó “non cumplir cos pliegos do contrato para executar o proxecto orixinal, o cal incluían mais zona verde nas infografías e o propio alcalde asegurou que non se eliminarían os 4 cedros históricos“.
Tallas de árbores en Vigo dende o inicio das ‘humanizacións’ en 2009
Ecoloxistas en Acción denuncia que dende o ano 2009, coincidindo coas inversións do “Plan E” para as denominadas “humanizacións”das rúas de Vigo, van sucedendose na cidade olívica periódicas tallas de árbores en rúas, parques e xardíns.
Un trás outro, choupos, tileiras, plataneiros e aligustres foron eliminados consecutivamente das rúas humanizadas en Coia, A Doblada, Areal, Oporto, Jenaro de la Fuente, Venezuela, Alameda e das remodelacións do centro da cidade.
Os ecoloxistas, así como diversos colectivos culturais e sociais de Vigo hai tempo que avisan de que os proxectos deben ter en conta as árbores. Deben buscar as alternativas para manter e potenciar o máximo número de exemplares en rúas, prazas e parques. “Os servicios ecosistémicos das árbores urbanas son moi importantes para o benestar e saude dos cidadás e a calidade de vida nas ciudades, influindo sobre o valor de vivendas e establecementos comerciais”.
Moratoria na talla de árbores
A organización ecoloxista demanda ao Concello unha moratoria á talla de árbores urbanas e que partidos políticos, asociacións veciñais e ecoloxistas acorden un “Plan de infraestructura verde da cidade de Vigo. Ecoloxistas en Ación solicita ademais priorizar a restauración das rúas desarborizadas, convertir o Parque do Castro nun “Central Park” vigués libre de coches e reforestado e facer realidade o cinturón verde extraurbano eliminando as especies pirófitas.
Ecoloxistas en Acción sinala que de seguir a cidade sen un “Plan municipal de infraestructura verde”, Vigo quedará totalmente afastada das cidades que están realizando esforzos para mellorar zonas verdes, ampliar zonas peonís e potenciar a calidade do arborado urbano, para loitar contra o cambio climático, mellorar a calidade de vida, reducir as enfermedades e engadir valor ós barrios.