Galicia

Nigrán subsitúe o alumeado en rúas de Panxón por nova tecnoloxía LED

Favorecerán que haxa menos custos de consumo e mantemento e a reducción da emisión de gases de efecto invernadoiro

O Concello de Nigrán ven de investir 33.000 € do Remanente de Tesourería para substituír a obsoleta iluminación das rúas Baiona e Gondomar por tecnoloxía LED.

En total, supuxo a substitución de 25 puntos de luz de vapor de sodio, os correspondentes báculos e o arranxo do seu ancoraxe. As actuais luminaria presentaban riscos de caída ou contactos eléctricos, ademais de estar visiblemente oxidados e golpeados.

Menos custos de consumo, mantemento e emisión de gases de efecto invernadoiro

En definitiva,  rebaixáronse os custos de consumo e mantemento. Ademáis, mellorouse a calidade do servizo e da súa eficiencia enerxética. Adicionalmente supón a eliminación de contaminantes e baixada de emisións de gases de efecto invernadoiro.

“Quixemos mellorar a seguridade e a calidade do servizo do alumeado e contribuíndo á sostibilidade medioambiental”, sinala o alcalde de Nigrán.

Juan González  considera prioritarias as substitucións nos núcleos urbanos con gran afluencia de peóns e circulación. Unha medida que xa se levou a cabo na PO-552 na Ramallosa, rúas de Panxón, centro de Nigrán ou Chandebrito.

Reducir a potencia de consumo entre un 51 e un 80%

As substitucións permiten reducir a potencia de consumo entre o 51% e o 80 %. Isto implica, ao mesmo tempo, diminuír as costas de funcionamento do alumeadado público. Por último, permítelle ao Concello optimizar o gasto enerxético e de mantemento neste eido: unha lámpada de vapor de sodio ten unha vida media útil de 12.000 horas e unha de LED entre 50.000 e 100.000 horas.

También te puede interesar