Sanidade informa doutras 12 persoas falecidas con coronavirus en Galicia, o que eleva o total de vítimas mortais da pandemia a 1.462.
Os falecidos son tres mulleres, de 76, 87 e 88 anos, ingresadas no Complexo Hospitalario de Ferrol. Unha muller de 91 anos que estaba no Hospital da Coruña. Un home de 83 anos e unha muller de 92, que vivía na Residencia Moledo, en Vigo. No Hospital Clínico de Santiago morreron dous homes de 84 e 93 anos de idade.
As outras catro vítimas non estaban ingresadas en ningún hospital e vivían en Pontevedra, Xove, en Lugo, Vimianzo e Verín.