A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta vén de activar a alerta laranxa no sur da provincia de Ourense, ante a baixada de temperaturas que estarán en -8 grados.
Tamén nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo
O suroeste da provincia da Coruña está tamen en alerta, amarela, por temperaturas de menos de 2 baixo cero. Esta situación agárdase, ademáis, na zona do Miño, nas provincias de Ourense e Pontevedra, ademáis do interior pontevedrés.
Polo que atingue á provincia de Lugo, o sur e A Mariña, estarán tamén en alerta amerela por temperaturas de 4 graos baixo cero.