Galicia Vigo al minuto

Unha sentenza firme declara nulos os servizos mínimos decretados polo Concello na folga de Bombeiros

Os sindicatos manteñen a denuncia penal contra o alcalde por vulnerar o dereito de folga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de declarar firme a
sentenza que anula os servizos mínimos impostos polo Concello de Vigo na folga dos Bombeiros, convocada en agosto de 2019.

Hai case un ano, a finais de xaneiro de 2020, o Xulgado do contencioso administrativo número 1 de Vigo considerara ilegais os servizos mínimos decretados polo Concello. O xuiz entendeu que vulneraban un dereito fundamental como é o de folga.

O Goberno local non deu marcha atrás para rexeitar o decreto municipal que obriga a traballar aos Bombeiros nos seus días libres, e presentou un recurso ante o TSXG, que foi desestimado. A xustificación foi que os servizos mínimos eran abusivos, carecían de xustificación e non foran
negociados coa representación do persoal
.

Goberno fóra da lei

Dende os sindicatos que mantiveron esta folga, salientan que a importancia desta decisión xudicial radica en que vai permitir que todos os bombeiros poidan exercer o dereito de folga. Por iso , instan os responsábeis locais a cumprir as sentenzas firmes, “porque senón incorren nun delito de desobediencia ás autoridades xudiciais”.

Ao mesmo tempo, critican a actitude da concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, que «hoxe mesmo se negou a dar a súa opinión sobre o asunto e limitouse a comentar que dos temas xudicializados non fala”.

Por iso, e «mentres a situación non mude», consideran que o Goberno que preside Abel Caballero “está fóra da lei coa complicidade da Xefatura de bombeiros, cando as Administracións deben ser exemplares no
respecto aos dereitos dos traballadores/”
. Ademais, lamentan que con este xeito de proceder “poñen en risco a toda a cidadanía de Vigo”.

Denuncia penal contra o alcalde

As centrais lembran que no mes de outubro presentaron unha denuncia penal contra o propio alcalde por vulneración do dereito de folga “porque el foi a autoridade municipal que coartou e impediu o lexítimo exercicio do dereito de folga, que lexitimamente foi convocada por dous sindicatos do Concello”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.