Nieves Cabo, de 82 anos de idade, quen fora a primeira galega en vacinarse contra a COVID en Galicia, foi, de novo, a primeira en recibir a segunda dose da vacina de Pfizer-BioNTech.
Non deixen de vacinar
Ás 08:23 horas deste domingo, puxéronlle unha nova inxección contra “o bicho”, como dixo, e pediu “que non deixen de vacinar, que é unha cousa marabillosa”.
Preto de 50.000 vacinas postas xa en Galicia
Ata hoxe, dacordo cos datos difundidos polo Servizo Galego de Saúde, puxéronse xa preto de 50.000 vacinas anti COVID, case a totalidade a residentes e traballadores de centros de maiores. A previsión é que a segunda fase do inicio da vacinación estea rematada antes de que acabe este mes.