Galicia

Detido con 330 gramos de cocaína metidos nunha barra de pan

Tamén levaba 170 gramos de material para cortar a droga, pastillas e 16 gramos de marihuana

Axentes da Policía Nacional detiveron ao dono dunha perruquería de Lugo, de 34 anos de idade, con 330 gramos de cocaína metidos dentro dunha barra de pan.

A detención produciuse onte. Os axentes, que o investigaban dende hai un ano, o localizaron na estación de autobuses cando regresaba á capital dende Barcelona.

Este individuo, levaba na súa equipaxe 170 gramos de material para cortar a droga e unha barra de pan con 330 gramos de cocaína dentro. Ademaís, tamén tiña 16 gramos de ‘maría‘, pastillas e 200€ en efectivo.

También te puede interesar