O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, vén de publicar un bando no que informa sobre as medidas que entraron en vigor ás 00.00 horas deste sábado. As mesmas, sinala, adóptanse “ante o elevado número de contaxios por Covid-19 que se está a dar no municipio, co risco que esto supón para a saúde das personas”.
Suspensión de actividades de carácter educativo, cultural e deportivo
O Concello ordea suspender todas as actividades de carácter educativo, cultural, deportivo e lúdico (excepto as de conciliación), así como as reunións en todos os locais municipais..
A atención presencial nas oficinas municipais realizarase exclusivamente con Cita Previa. “Prégase a toda a veciñanza que, na medida do posible, empregue os medios telemáticos ou telefónicos para realizar trámites co Concello”.
Un número de teléfono do Concello só para persoas que vivan soas
O Concello de Boqueixón habilita un número de teléfono para aquelas persoas que vivan soas, ou que teñan que gardar corentena por mor da Covid-19, e precisen axuda para realizar actividades esenciais (ir á compra, á farmacia…).
“Apélase á responsabilidade da veciñanza á hora de tomar as medidas oportunas para velar pola saúde pública segundo as indicacións das autoridades sanitarias”.