Cultura Destacados

Pais e veciños do Courel piden axuda para salvar o transporte escolar

Penduraron unha petición en change.org que ten xa 6.000 sinaturas

A Xunta, en contra da opinión das nais e pais de alumnos e dos veciños, quere cambiar o transporte escolar no concello lucense de Folgoso de Courel, ” aínda que é un servizo que funciona corretamente dende hai 30 anos”.

Daquela, sinalan, “quedou demostrado que adxudicalo aos taxistas locales era o máis acercado para unha zona de montaña, con estradas estreitas, e un clima adverso. Ademáis, “contribuiu á economía local e a fixación da poboación”.

Os rapaces terán que percorrer ata 60 quilómetros para ir ao colexio

Os habitantes de Folgoso denuncian que a Xunta quere licitar ese servizo pasando das seis liñas actuais a catro, con tres microbuses, que non entran nos concellos e que farán que nenas e nenos que viven a 6 quilómetros do colexio teñan que percorrer 60 quilómetros para chegar.

Ademais, os postos de traballo que se eliminarán son de autónomos “que vivimos e traballamos no Courel e sostemos a actividade do taxi grazas, en gran parte, ao complemento do transporte escolar polo que deixa de ser viable”.

Unha decisión que incumpre a Constitución e as leis

Apoiados por actores, escritores, poetas, educadores sociais, músicos, editores, profesores, fotógrafos ou xornalistas, os veciños subliñan que a decisión da Xunta incumpre a Constitución.

A mesma, no seu artigo 130 sinala que se dispensará un tratamento especial ás zonas de montaña.

Tampouco segue a Lei para o Desenvolvemento Sustentable do Medio Rural, de 2007, indica que as zonas rurais prioritarias son as que teñen escasa densidade de poboación, elevada significación agraria, baixos niveis de renda, un importante illamento xeográfico, remotas, coma as chama Europa, ou sen núcleos de poboación de máis de 50.000 habitantes a menos de 50 quilómetros.

Paralización da licitación

Hai uns días, a Consellería de Educación decidiu paralizar a licitación, non suspendela, polo cal pode reiniciala de novo. Por iso, os pais e nais seguen coas protestas. Temen que esta decisión da Xunta teña coma obxectivo enfriar os ánimos e que nuns días retomen a idea inicial.

Así podes asinar para evitar que Educación tome esta decisión

Se queres axudar, podes sumarte a unha petición pendurada en change.org – http://chng.it/M4MsNd88 – que ten xa preto de 6.000 sinaturas. A mesma esixe:

-Que se anule ou modifique a licitación do transporte escolar no referente ao CPI Poeta Uxío Novoneyra, considerando este un lote único.

– Mantemento da calidade do servizo con 6 rutas e vehículos de 9 prazas.

– Que se permita aos taxistas que realizan agora o servizo concorrer á licitación e que se premie ao emprego local.

También te puede interesar