Segundo datos da Xunta, nos centros educativos da Área de Vigo comunicáronse 641 positivos por COVID. esta circunstancia fixo necesario pechar unha escola e 53 aula.
Na cidade, destacan os de colexios María Inmaculada, con 16 casos, e CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago, con 11.
Fora de Vigo, o CPI da Cañiza con 19 casos; CPR Santa María de Tui, 14 positivos e 2 aulas pechadas; o mesmo número no CPR Plurilingüe Santiago Apóstolo, en Ponteareas; IES Mendiño de Redondela 13 positivos, os mesmos que o CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas; CEIP Marquesa do Pazo da Mercé das Neves con 12; cos mesmos casos, IES San Paio, de Tui e IES Val do Tea.
3.352 no conxunto dos centros de Galicia
Este martes o número total de casos nos centros de toda Galicia chegaron aos 3.352 positivos. Están pechadas 7 escolas infantís, 165 aulas e un centro de educación especial.