A Xunta recibiu 2.535 expedientes de denuncias dos 172 concellos adheridos ao convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a tramitación das sancións relacionadas coa Covid-19.
60 acordos de sancións empezando pola falla de uso de máscaras
A Xunta xa está a revisar os expedientes e xa remitiu para a sinatura dos concellos arredor de 60 acordos de inicio dos sancionadores, dando prioridade aos relacionados coa infracción de incumprir o uso obrigatorio da máscara. Ademais, a previsión do Goberno galego é enviar
ao longo da próxima semana máis de 300 acordos para que cheguen canto antes aos presuntos infractores.
A Xunta xa viña tramitando os procedementos da súa competencia por referirse a cuestións puramente sanitarias. Entre elas están as corentenas e illamentos.
Tramitación
Os concellos que se adhiren ao convenio comprométense a iniciar, instruír e resolver os procedementos sancionadores debendo remitir a Xunta a información precisa para que esta poda executar a encomenda de xestión.
Pola súa parte, a Xunta encárgase da elaboración, xestión e notificación dos distintos trámites dos procedementos sancionadores derivados da Covid-19. É dicir: a Xunta encargase da redacción de documentos e os municipios da súa revisión e sinatura.