Deportes Destacados

A Confederación do Miño-Sil informa en contra das obras do Celta en Mos

Ecoloxistas en Acción advirte de que están construídas instalacións para as que non hai permiso legal

Obras de la Ciudad Deportiva del Celta en Mos

Ecoloxistas en Acción ten constancia de que a Confederación Hidrográfica do Miño Sil acaba de emitir un informe desfavorable ao Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións (PEID) para Instalaciones Deportivas do Real Club Celta de Vigo.

A organización ecoloxista sinala que con este informe preceptivo desfavorable o goberno local de Mos non pode aprobar o Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións co que pretendía dar cobertura legal a estas instalacións deportivas”.

Ilegalidade

Ecoloxistas en Acción asegura que, con este informe, quedan respaldadas as súas denuncias pola ilegalidade das obras da Cidade Deportiva promovida polo dono do Celta é a alcaldesa de Mos.

Trátase. inmdican dende a ONG, dunhas obras que estánse realizando sobre solo rústico de especial protección forestal baixo a autorización unicamente da Xunta de Goberno local de Mos quen otorgou dúas licencias directas para a construcción de dous campos de fútbol e os imprescindibles vestiarios e pequeno almacén.

Imaxe: Ecoloxistas en Acción

As instalacións que figuran como ‘a implantar’ están xa construídas

Ecoloxistas en Acción denuncia  que as instalacións que figuran como “a implantar” no Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións xa están en realidade construidas e incluso inaguradas coa concurrencia do goberno local e autonómico.O goberno de Mos está solicitando permisos para “legalizar” unha urbanización xa construída”. Esto contradice claramente a contestación do goberno municipal de Mos as reclamacións de Ecoloxistas en Acción, nas que afirmaba que “as obras da cidade deportiva estaban dentro da legalidade e non se excedían os parametros das licencias directas otorgadas polo xunta de goberno local”.

Esas infraestruturas que figuran como ‘a implantar’ e están rematadas son:

  • Tres campos de  futbol de herba natural de dimensións 108 x 68 m.
  • Unha área de preparación de porteiros, unha área de tecnificación e instalacións deportivas complementarias ao aire libre.
  • Un edificio de superficie edificable máxima de 4.750  m2, para albergar usos deportivos (vestiarios, ximnasio, recuperación, fisioterapia, hidroterapia…) e usos complementarios (dependencias do  staff técnico, corpo médico, administración, salas de prensa, comedor, instalacións técnicas, almacéns…).
  • Un aparcamento para 80 vehículos.
Concentración Ecoloxistas en Acción

Paralización das obras

Ecoloxistas en Acción “esixe ao goberno local de Mos que ordene inmediatamente a paralización destas obras, que nunca deberon iniciarse sen ter garantidas ditas infraestructuras e aprobado o  Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións”. Para a organización ecoloxista é “moi grave que a propia administración local esté encubrindo unhas obras denunciadas por ilegais“.

También te puede interesar