Destacados Vigo al minuto

Os casos COVID da ‘cepa británica’ pasan de 16 a 41 en Galicia

Tres das áreas sanitarias galegas contan con equipo específico para secuenciar esta variante

En Galicia hai confirmados 41 casos de ‘variante británica’ da COVID. Así o dixo este mércores a doutora Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública da Xunta.

O total de casos detectados pasou dos 16 da semana anterior a estes 41 nesta, “confirmados e secuenciados”.

Entre un 8 e un 10%

Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, non quixo falar de porcentaxes de casos desta ‘cepa’ sobre os totais, ainda que lembrou que no conxunto do Estado, o total está entre un 8 e un 10% do total de todos os diagnosticados.

O conselleiro salientou que Galicia conta, en tres das súas áreas sanitarias, do equipo específico para poder detectar e secuenciar esta e outras variantes da COVID-19.

También te puede interesar