O persoal do 061 Galicia asistiu durante a fin de semana a 26 persoas debido a 24 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 12, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 14 de febreiro.
Os recursos sanitarios mobilizados foron 35. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 4 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 24 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 4 accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en dúas ocasións.
En 19 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios e en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente