Comarcas Vigo al minuto

Cen cans adoptados xa este ano no Centro de Acollida da Deputación

“Suíllo” que era ata agora o can máis veterano do Centro adoptado por una familia de Mourente

Carmela con Suillo

A do can “Suíllo” e o seu novo dono, foron hoxe a imaxe coa que a presidenta da Deputación quixo poñer en valor ás persoas que deciden adoptar cans e cadelas.

«Amosan unha forma marabillosa de estar no mundo, que é o apego polos animais; representan a unha sociedade que merece moito a pena”, sinalou Carmela Silva.

‘Suillo’, o can máis veterano do Centro de Acollida da Deputación

“Suíllo” era ata agora o can máis veterano do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN), onde entrou hai dous anos e medio tras ser recollido en Gondomar, e desde a pasada semana é un dos 100 animais que desde as instalacións, que xestiona a Deputación, lograron acadar un novo fogar no que vai de ano.

583 adopcións o ano pasado

Son, como destacou hoxe a presidenta, cifras “excepcionais”, se se ten en conta que o pasado ano acadárase o récord anual de adopcións, con 583, e que no mesmo período, entre o 1 de xaneiro e o 16 de febreiro, levábanse entón 37. “Triplicamos e polo tanto estamos felices –sinalou-, porque isto significa que a sociedade se compromete máis ao coidado dos animais e co benestar animal e opta polas adopcións”.

 “Suíllo”, de seis anos, é agora a alegría da familia en casa de Francisco Aboal, en Mourente, quen se amosou encantado da súa compañía. “Eu pido á xente que adopte cans, porque piden pouco e transmiten moita felicidade –sinalou-. Levo oito días con este can e aí o teñen. É máis valente ca min e dáme moito. Emocióname como me mira”.

A Estrada, o concello con máis adopcións

A presidenta destacou que das 100 adopcións deste 2021, 81 rexistráronse en Galicia, mentres que houbo 9 en Castela A Mancha, 7 en Castela León, 1 en Cataluña, 1 no País Vasco e 1 en Extremadura. Das galegas, 72 foron na provincia de Pontevedra, 6 en Lugo e 3 na A Coruña e ata agora o Concello con máis adopcións foi A Estrada (15), seguido de Vigo (13) e Pontevedra (8).

121 cans abandoados este ano

A “outra cara da moeda” segue a estar nas situacións de abandono. No que vai de ano houbo 121 recollidas, cunha media de 80 ao mes, aínda que reflicte unha tendencia á baixa xa que o ano pasado foi de 114.

A presidenta citou o caso de nove cachorros de tan só un día de idade que foron recollidos abandonados nun monte en Valga o pasado día 14, despois da alerta dunha veciña. Tamén a recente recollida de hoxe mesmo, unha camada de 7 cachorros abandonados nun colector en Ribadumia.

Doutra banda, co exemplo de “Suíllo”, Carmela Silva tamén quixo destacar o feito de que o CAAN está dando saída aos animais que máis tempo levaban no centro, “polo que estamos a lograr un dos grandes obxectivos, que é que os cans e cadelas que recollemos pasen o menor tempo posible nas instalacións e acaden un novo fogar”.

Trala marcha deste can, agora o relevo de veterano o recibiu “Posto”, que tamén entrou no 2018. “Queremos que cada vez haxa menos avós e avoas no CAAN, que haxa menos tempo de permanencia”, subliñou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.