A Tarxeta Básica, posta en marcha pola Xunta o pasado mes de xullo para atender ás persoas máis vulnerables fronte aos efectos socioeconómicos da crise sanitaria da Covid19, leva beneficiado a 2.300 persoas en Vigo.
Isto significa que se emitiron 1.200 tarxetas nas que o Goberno galego investiu preto de 800.000€, aseguran dende a Xunta.Vigo é a terceira cidade de Galicia na que máis tarxetas se dispensaron.
35.200 beneficiados en Galicia
No conxunto de Galicia, o número de beneficiarios ascende aos 35.200. O número de tarxetas emitidas é de 20.800 tarxetas, nas se levan investido un total de 13,8 millóns de euros.
A Xunta ampliou a Tarxeta Básica ata xuño do ano 2021, cunha vixencia máxima de nove meses por tarxeta.
O importe desta axuda depende do número de membros da unidade familiar. No caso dos fogares unipersoais a axuda é de 150€ mensuais, para os fogares con dous membros é de 200€ e para as familias con tres membros ou máis a axuda chega aos 300€ mensuais.