Axentes da Garda Civil e a Policía Nacional realizaron en Galicia un total de 1.604 dispositivos de control. Nos mesmos identíficáronse 21.046 persoas e 14.748 vehículos, entre o venres e o domingo.
A Delegación do Goberno en Galicia informa que nestes controis houbo 573 propostas de sanción por incumprimento das medidas de restricción pola COVID aprobadas pola Xunta.
A Policía Nacional desplegou 459 axentes e realizou 136 controis nos que foron identificadas 4.081 persoas e 2.794 vehículos e tramitáronse 134 denuncias.
Os 2.174 axentes da Garda Civil, identificaron a 16.965 persoas e 11.954 vehículos e tramitaron 439 propostas de sanción.