Comarcas

A Guarda retoma este sábado o mercadillo semanal dos sábados

Farase co 50% dos postos habituais e con todas as medidas sanitarias de distanciamento e prevención ante a COVID-19.

A Guarda retoma o seu mercadillo dos sábados

O Concello da Guarda, en virtude das medidas de restrición adoptadas por sanidade fronte ao COVID-19 e, trala mellora da incidencia acumulada, adoptou retomar a actividade do mercadillo semanal dos sábados na Alameda da Guarda cun 50% dos postos habituais a partires deste sábado día 27 de febreiro.

Dende o Concello lembran que “é responsabilidade de todos os veciños e veciñas controlar a situación sanitaria” e que “é necesario manter o uso da mascarilla e extremar a hixiene de mans e o mantemento da distancia”.

También te puede interesar