Os prazos para rematar a construción do Centro de Saúde de Bouzas, mantense. A obra estará lista o primeiro semestre deste ano, como comprobaron o secretario xeral de Sanidade, Alberto Fuentes, a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente.
Está pendente a fachada
Agora mesmo, está finalizada a estrutura, a cuberta, as carpinterías exteriores e o 75 por cento do chan; queda pendente a fachada de pedra, as particións interiores e as instalacións eléctricas. Asemade, unha vez rematado, procederase á dotación de mobiliario e equipamento, polo que a previsión é que antes do verán xa poda iniciar o seu funcionamento.
O novo centro de saúde, que costará 1.4 millóns de euros e atenderá as necesidades de medicina xeral dos veciños do barrio de Bouzas, que reciben asistencia nos centros de saúde de López Mora, Beiramar ou Navia.
Unha vez posto en funcionamento, os pacientes se incorporarán cun criterio de voluntariedade; é dicir, se lles ofrecerá trasladarse ao de Bouzas ou permanecer no que viñan tendo de referencia.
Tres consultas de medicina xeral, tres de enfermaría
O Centro, situado na Alameda, consta de dous volumes construtivos, con dous plantas cada un, que suman unha superficie total de 860 metros cadrados e que se comunicarán mediante unha galería.
Estará equipado con tres consultas de medicina xeral, tres de enfermería e unha sala polivalente.