O comité clínico que fai seguimento da evolución da COVID en Galicia vén de propoñer, na súa reunión de hoxe, que os concellos que teñan o nivel de restricións máximas sexan os de Paradela, A Pobra de Brollón, Boborás, A Mezquita, Vilardevós e Pontecesures.
Mos e Soutomaior, no nivel alto
No nivel alto de restricións quedarán os concellos de Soutomaior, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Mos, Cambados, Guitiriz, Lourenzá, Chantada, Mugardos, Cariño, Arteixo, Miño e Sobrado. O resto dos concellos galegos quedan en nivel medio.
Estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 12 de marzo.