O Servizo Galego de Saúde realizará o próximo sábado dia 13 unha proba piloto de vacinación masiva no IFEVI (Instituto Ferial de Vigo). Así, vanse citar a 4.400 persoas da Área Sanitaria de Vigo de entre 50 e 55 anos, para administralles a primeira dose da vacina.
60 profesionais traballando de 08:00 a 22:00h.
Ata o IFEVI achegarase un equipo formado por 60 profesionais sanitarios – enfermaría, TCAES, e celadores – que realizarán esta acción sanitaria en horario de 8.00 a 22.00 horas.
A partir de apelidos que empecen pola ‘H’
A poboación diana, a comprendida nesa franxa de idade e a partir dos apelidos que empecen pola letra H, será citada a través dun SMS en su teléfono móbil; e posteriormente recibirán unha chamada telefónica para confirmar que acudirán á cita.
Con este programa piloto trátase de e testar a capacidade de vacinar en espazos alternativos ás estruturas sanitarias convencionais.