Galicia Vigo al minuto

A Xunta suspende a administración da vacina de Astrazeneca

O presidente Feijóo subliña que a décisión tómase por “prudencia” e que non hai casos de efectos adversos graves en Galicia

Ifevi abierto el sábado, sin cita previa, para quienes no están vacunados contra el COVID

A Xunta de Galicia vén de comunicar que “suspende cautelarmente” a administración da vacina de Astrazeneca, que recibiron este sábado milleiros de veciñas e veciños da Área de Vigo.

Segue asi a indicación do Ministerio de Sanidade que ven de anunciar a sua suspensión por un principio de prudencia.

https://twitter.com/sanidadgob/status/1371536964655140872
A ministra de Sanidade, Carolina Darias

A Conselleria de Sanidade lembra que o sistema de trazabilidade permite identificar a vacina administrado coa persoa vacinada. Ata o momento, non se producíu en Galicia ningún caso de reacción adversa grave, aseguran dende a Xunta.

A Xunta estará atenta

O presidente Feijóo subliñou que é unha decisión tomada a nivel europeo por prudencia e amosouse seguro de que “seguiremos con esta vacina máis pronto que tarde”.

Feijóo lembrou que esta suspensión é por un período inicial de 15 días e insistiu en que haberá un seguimento de todas as persoas vacinadas.

También te puede interesar