O centro de saúde de Mondariz Balneario reiniciou hoxe a actividade tras a súa reforma integral. Esta obra, na que se investiron 115.912€, tiña coma obxectivo mellorar a Atención Primaria.
Nova consulta médica
As melloras consistiron na reforma da planta baixa para destinar o local, que estaba ocupado pola oficina de correos, a unha nova consulta médica. Ademais, incluíron a construción dun baño adaptado e un aseo; recuperación dos locais libres para almacén e vestiario, e a apertura dunha porta posterior.
A reforma abrague a renovación de todas as instalacións; carpinterías interiores; falsos teitos e acabados de toda a planta baixa.
O centro de saúde de Mondariz-Balneario atende a 667 TIS (Tarxetas Sanitarias Individuais).