Vigo al minuto

A Xunta reanuda o mércores a administración da vacina de Astrazeneca

Este mesmo martes empezarán a mandarse as citas

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou hoxe pola tarde, por videoconferencia, nunha nova xuntanza do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, na que se acordou retomar a vacinación coa vacina de AstraZeneca, ampliando o grupo de idade ata os menores de 65 anos.

A vacinación con AstraZeneca reanudarase a partir do vindeiro mércores. En concreto, contémplase retomala onde se parou, cos grupos 3B (Persoal implicado na xestión e resposta da pandemia), 3C (resto de persoal sanitario e sociosanitario non vacinado con anterioridade e 6 (Garda Civil, Policía Nacional e Autonómica, Local, Bombeiros, etc). O Sergas irá incorporando a este proceso aos menores de 65 anos, ao ritmo que marque a chegada de viais. O número de vacinas de AstraZeneca que chegaron a Galicia esta semana foi o 57% do previsto, en total chegaron algo máis de 12.000 vacinas.

Este martes empezarán a chegar as citacións

Sanidade comezará mañá a realizar as citacións para retomar a vacinación con AstraZeneca este mércores.

Ata actualidade, a Xunta leva administradas un total de 385.613 doses, Un total de 119.941 persoas teñen a pauta completa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.