Galicia Vigo al minuto

Barreras non ten pedidos nin carga de traballo

A CIG anuncia mobilizacións para impedir que o asteleiro acabe como Vulcano

Astillero Barreras Vigo

CIG de Vigo trasladou a súa “enorme preocupación” pola “grave situación” que secestá a vivir no estaleiro Barreras. Ante a mesma urxiu os Gobernos español e galego a unha intervención pública directa na empresa para garantir o futuro do naval.

Ao mesmo tempo, o sindicato anunciou a posta en marcha dunha campaña para demandar solucións para un sector fundamental para a comarca e estratéxico para o conxunto do país.

Sen carga de traballo

O secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves, denunciou que despois de que o cruceiro ‘Evrima’ abandonase as instalacións de Barreras para afrontar a última fase do proceso de construción, os traballadores atópanse sen carga de traballo e o persoal das empresas auxiliares xa abandonou o estaleiro.

“Estanse a confirmar os peores presaxios, verificando que a opaca operación de cambio de propiedade e de dirección da compañía promovida por Ritz Carlton era unha saída en falso”.

Sen pedidos e sen carga de traballo

Neste senso, sinala que tras rematar o preconcurso de acredores o estaleiro atópase novamente nunha disxuntiva que ameaza o seu futuro. “A día de hoxe non hai ningún proxecto real en carteira, ningún novo pedido á vista; nin garantía de carga de traballo, polo tanto tampouco para o emprego directo e indirecto que xera Barreras”.

Gonçalves fai fincapé en que a situación do estaleiro é de vital importancia tendo en conta o papel que xoga no conxunto do sector naval da Ría de Vigo. “Por iso non podemos permitir que corra a mesma sorte
que Vulcano;
hai que garantir a súa continuidade para blindar o futuro do naval na cidade, como sector fundamental na industria da nosa comarca”.

Actuación urxente

Para o secretario da CIG a solución non pode seguir sendo inxectar “millóns e millóns de euros”, en forma de avais ou financiamento, “xa que ao final non garanten a actividade nin serven para forzar a Barreras a cumprir coas súas obrigas coa industrial auxiliar e co seu persoal”.

Por iso, dende a CIG reclámanlle á Xunta e ao Goberno español “que non miren cara a outro lado” e ínstanos a actuar de maneira urxente. “Diante das incertezas e da falta de seriedade do proxecto empresarial é o momento dunha intervención pública directa que asegure o futuro do estaleiro”.

Entenden que a necesidade desta intervención faise máis evidente ca nunca ante o “desleixo total” do capital privado e a súa “nefasta xestión”, “polo que o futuro do naval de Vigo esixe poñer en marcha un estaleiro público ou semipúblico”.

Mobilizacións

En consecuencia, anuncian a posta en marcha dunha campaña de información, denuncia e reivindicación que incluirá unha axenda mobilizadora, “dende o convencemento de que non podemos ficar quietos
mentres a irresponsabilidade do empresario de turno e a deixadez das Administracións poña en xogo o futuro de todo un sector”.

También te puede interesar