A Fiscalía vén de denunciar á alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, ao ex concelleiro Orlando Márquez, e a unha empresa, novos delitos de ‘prevaricación continuada’ e ‘malversación de caudais públicos’. Os feitos denunciados corresponden á contratación do servizo de limpeza en 2018.
Contratación “irregular”, de “maneira verbal”, e “sen licitación”
O escrito do Ministerio Público, ao que tiveron acceso os nosos compañeiros de Sondolouro, fai referencia a 13 facturas por limpeza viaria, “conformadas polo concelleiro de parques e xardíns, cuxo servizo foi contratado de forma irregular, sen previo procedemento administrativo, de maneira verbal, con previa consignación orzamentaria, reserva de crédito, sen previa licitación mediante procedemento escrito”.
A acusación sinala que non existe nin sequera “unha orden escrita de ningunha autoridade, constatando que únicamente un empleado do Concello firmaba os partes de traballo”. Ademáis, as facturas foron informadas desfavorablemente pola Intervención municipal, levantándose o reparo por Decreto da Alcaldía.
Malversación de caudais públicos
Ao non constar que estes traballos “presuntamente contratados” foran debidamente supervisados, nin terse solicitado outros presupostos, nin existir concurrencia de empresas, os feitos desenvocan tamén nunha denuncia por malversación de caudais públicos, polos que “responderían os representantes do Concello como autores e os da entidade mercantil como cooperadora necesaria”.
Xa hai otras dilixencias referidas a un presunto delito continuado de prevaricación
A este respecto hai que salientar que, ao existir no Xulgado de Instrución número 2 do Porriño unhas dilixencias previas referidas ao delito continuado de prevaricación por irregularidades na contratación durante os anos 2016 e 2019, a Fiscalía solicita que estes novos feitos se remitan ao mesmo xulgado para a súa instrución nunha causa conxunta.
Máis de imputacións
Ademais de esta nova causa, Eva García de la Torre, o seu ex tenentte de alcalde, o ex concelleiro de Limpeza e varios empresarios continúan investigados nunha causa paralela polos delitos de prevaricación continuada, tráfico de influencias e falsidade documental.