O persoal do 061 Galicia asistiu durante a fin de semana a 69 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 26, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo pasado, 28 de marzo.
A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 67. Así, as ambulancias de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes; o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión; as
ambulancias de soporte vital básico mobilizáronse en 54 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria catro accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en dúas ocasións.
En 59 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios, en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto do sinistro.