Haberá citas para vacinarse da COVID en Galicia toda a Semana Santa, incluídos o sábado e domingo. O conselleiro de Sanidade asiantou este martes que a vacinación non parará nestes días festivos.
Preto de 50.000 vacinas a maiores de 80 anos
49.000 vacinas serán para persoas maiores de 80 anos -delas, 32.000 sedrán para primeiras doses e 17.000 para as segundas-. O conselleiro salientou que máis do 60% dos galegos maiores desta idade están xa vacinados.
Outras 5.000 vacinas serán para traballadores esenciais, seguirá a vacinación, con AstraZeneca de persoas entre 50 e 55 anos e, pasada a Semana Santa, empezará a do grupo de 55 a 65 anos.
147.759 galegos xa están inmunizados
Ata hoxe, o Servizo Galego de Saúde puxo 462.095 vacinas. Deles, 166.556 galegos teñen posta a primeira dose e 147.759 están xa inmunizados.