Sucesos

O lume arrasa xa máis de 100 hectáreas no Courel

Outros dous incendios queimaron 40 hectáreas en Rodeiro e outras 40 Cerdedo-Cotobade

Lume Galicia

Varios incendios están activos a esta hora en Galicia. O máis grave é o da parroquia de Meiraos, no concello lucense de Folgoso do Courel. Dacordo cos datos de Medio Rural, o lume arrasou xa máis de 100 hectáreas.

O incendio, que comezara este mércores poco antes da media noite, chegou ata o concello de Samos e, ante a proximidade do mesmo as casa do lugar de Portela, foi necesario declarar a ‘situación 2’.

Oito brigadas, dous axentes, catro motobombas e distintos efectivos aéreos traballan no lugar para acabar co mesmo.

Rodeiro, 40 hectáreas

Na parroquia de Pedroso, no concello pontevedrés de Rodeiro, o lume que comezara tamén onte, pouco antes da medianoite, queimou máis de 40 hectáreas.

Un técnico, dous axentes, tres brigadas e tres motobombas loitan para deter as chamas.

Cerdedo-Cotobade, 40 hectáreas

Tamén na nosa provincia, na parroquia de San Xurxo, no concello de Cerdedo-Cotobade, está activo un lume que, como os dous anteriores, comezou a poucos minutos da media noite.

Segundo a información de Medio Rural, a superficie afectada supera as 40 hectáreas. No lugar están participan catro axentes, cinco brigadas e tres motobombas.

También te puede interesar