34.759 traballadores estaban afectados por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) o mes de marzo en Galicia. Son 46.665 menos que en febreiro, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
743.628 en toda España
Dacordo cos devanditos datos, no conxunto do Estado os traballadores en ERTE situáronse en 743.628 persoas ao termo do terceiro mes do ano, co que son 115.913 menos que en febreiro.
Baixa o paro rexistrado en Galicia
O número de parados rexistrados nas oficinas de emprego de Galicia descendeu en 4.509 persoas en marzo (-2,43%). A finais do mes pasado había 180.719 galegos sen traballo, 6.238 máis que en marzo de 2020.
No conxunto do Estado o paro baixou en 59.149 desempregados en marzo (-1,5%), o seu maior retroceso neste mes desde o ano 2015.