Axentes da Garda Civil e Policía Local intensificaron os controis COVID no concello de Salceda de Caselas, que se mantén con 0 casos activos dende o pasado 23 de marzo.
Deste xeito, nos últimos tramitáronse diferentes denuncias por fumar, sen gardar a distancia, ou non levar máscara.
En canto ao tabaco, as denuncias céntranse en diferentes terrazas dos establecementos hostaleiros e no no mercado semanal dos mércores.
No que se refire ao uso da máscara, tamén se levan realizado diversas denuncias a persoas que circulaban pola vía pública sen ela; levándoa baixo o queixo ou non a usaban nas terrazas.