A Xunta abriu hoxe o proceso para cubrir 104 prazas de auxiliares de Policía Local en 27 concellos galegos. Como publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), a selección será de oposición por quenda libre.
Concellos
Os concellos que convocaron prazas son A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Laracha, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambados, Cangas, O Carballiño, Cedeira, Fene, Gondomar, Malpica de Bergantiños, Meaño, Miño, Mugardos, Noia, O Barco de Valdeorras, O Grove, Ortigueira, Poio, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tomiño, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
Requisitos
Os candidatos deben ter cumpridos os 18 anos e posuír un título de graduado en Educación Secundaria ou equivalente. Outro dos requisitos é ter unha estatura mínima de 1,65 metros no caso dos homes, e 1,60 metros para as mulleres. Segundo informou a Consellería de Presidencia, para superar o proceso selectivo, será necesario realizar probas de aptitude física e contestar un cuestionario tipo test, ademais de acreditar o coñecemento do galego.
Presentación solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes, que se enviarán preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal), será de dez días hábiles.