Xa non hai bonos turísticos dispoñibles de #QuedamosenGalicia. En poucas horas esgotáronse e, ao mesmo tempo, as persoas que pretendian facer a súa reserva colapsaron a sede electrónica da Xunta.
‘Colas virtuais’ de miles de persoas
Dende as 12 da noite, cando empezou o prazo para optar aos bonos, a web da Xunta estaba ‘parada’ ante a onda de persoas que querían entrar. As que o fixeron acabaron cos 20.000 bonos en moi pouco tempo, informan dende a Vicepresidencia primeira do Goberno galego.
Aportacións da Xunta de ata 300€
Como informáramos, este bono permite contar cunha ‘tarxeta moedeiro’ de distintos importes -250, 375 e 500€- dos que a Xunta pon o 60% e a persoa que a solicita un 40%. Esas cantidades poden gastarse ata o 16 de decembro nos establecementos de hostalería que participan no programa #QuedamosenGalicia.