Ducias de persoas participaron este sábado, na ‘Cruz do Castro’, no acto convocado polo colectivo Vigo Antifascista. No mesmo, leuse un poema polo escritor Xose María A. Cáccamo e interviron o portavoz de Vigo Antifascista, Xavier Moreda, e o concelleiro do BNG, Xabier P.Igrexas.
“Defender as liberdades democráticas”
O voceiro do Bloque demandou avances na recuperación da memoria democrática e antifascista da cidade. Igrexas fixo un chamamento a defender con firmeza as liberdades democráticas fronte a ofensiva de forzas da “dereita reaccionaria e ultraespañolista”.
Igrexas lembrou, ademáis, que “a memoria non é cousa do pasado, é soporte da nosa identidade. Somos porque fomos, e grazas a que lembramos o que outros foron“, explicou.
O concelleiro engadiu que “infelizmente a loita antifascista sigue vixente” diante da ameaza que representa o avance de forzas “reaccionarias de dereita ultraespañolista”. A este respeito, apuntou que, “malia que hoxe se presenten con formas e maneiras máis sutís, ou con discursos disfrazados, o novo fascismo mantén o seu carácter antisocial, antiobreiro e españolista, contrario a pluralidade e a diversidade”
Cruz franquista
“Mal que lle pese a Abel Caballero esta cruz franquista do Castro, construída pola ditadura e inaugurada polo ditador na daquela chamada praza da División Azul, ten data de caducidade. É un monumento que ofende a memoria de quen loitou pola liberdade e contra o fascismo, e máis cedo que tarde será derrubada”, defendeu Igrexas na súa intervencón.