A Concellería de Medio Ambiente de Redondela solicita colaboración da veciñanza para dar coa persoa que tirou 5 crías de gato a un contedor do lixo do Camiño Verdeal, na parroquia de Quintela.
Entre as 10 da mañá e as 3 da tarde
Dende o Concello indican que os animais foron atopados por unha veciña, que chamou á Policía Local. Dentro do contedor había so tres bolsas de lixo, ademáis da que contiña ás crías.
Contando con este dato e que o contedor estivese baleiro, consultouse a hora no GPS do camión que recolleu ese colector. Marcando a recollida do lixo o venres pasado ás 10:06 horas. Tendo en conta que a veciña atopou os gatos as 15:00 h. nun contedor baleiro, o delito de maltrato animal produciuse a plena luz do día entre as 10 horas da mañá e as 3 da tarde.
Dende Medio Ambiente solicitase a veciñanza calquera información que puidera axudar: Piden que se informe sobre calquera vehículo ou persoa a pé , que parara o lado do contedor entre esas horas. Poden facelo chamando ao teléfono 986 40 26 10.
“Afogados, triturados ou incinerados vivos”
Dende a Concellería de Medio Ambiente subliñan que “este tipo de actos son de especial gravidade e da máis baixa moral humana”. Indican que, ” se non os atopasen, eses animais acabarían afogados, esmagados, triturados no camión e incluso incinerados vivos”.
Para os responsábeis deste departamento” estamos a falar de que as persoas que realizaron este acto atroz foi coa intención de matar”.
Animais sen fronteiras
Logo de pasar por unha clínica veterinaria de Redondela, os gatos están en mans da protectora Animais Sen Fronteiras que se fixo cargo do seu coidado.