Dende as 09:00h. deste martes, 20 de abril, xa se poden solicitar as axudas da Xunta para a compra de electrodomésticos. Están incluidas no programa ‘Renove’ e o seu obxectivo é beneficiar a 20.000 familias.
Frigoríficos, lavadoras ou lavalouzas
As axudas da Xunta poderán destinarse á compra de: cociña de inducción total; lavadora do tipo A, B ou D; frigorífico ou frigorífico conxelador A, B, C ou D; conxelador A, B, C e lavalouzas A, B ou C.
En total, as axudas irán de 100 a 450€, e poden chegar ao 25% do prezo do electrodoméstico, para os consumidores en xeral; 50% para persoas vulnerábeis e o 75% no caso de persoas col vulnerabilidade severa.
Por orde de solicitude
Estas axudas son de concorrencia non competitiva, isto é: apróbanse por orde de solicitude. Esta debe presentarse por medios electrónicos entrando en https://sede.xunta.gal.