O conselleiro de Sanidade asegurou hoxe que o 99% dos maiores de 80 anos de Galicia recibiron algunha dose da vacina contra a COVID. Julio García Comesaña engadiu que o 75% xa está inmunizado.
Amplíase o sistema de rastrexo
Sanidade ampliará o sistema de rastrexo de contactos de positivos por COVID. Así, a data de inicio pasará dos actuais 2 días previos desde o último contacto coa persoas infectada, até os sete días.
O novo procedemento porase en marcha en 10 días, logo dunha proba de pilotaxe para garantir o seu funcionamento.
Tamén contactos casuais
Segundo explicou hoxe o conselleiro de Sanidade, o novo seguimento se ampliará á busca daqueles contactos casuais que puidera terse reunido coa persoa con resultado positivo.
E ámbitos sociais concretos
Do mesmo xeito, engadiu Julio García Comesaña, a detección de novos casos tamén se estenderá a ámbitos sociais concretos: o laboral, o educativo ou aos establecementos de lecer.
Galicia nunha “situación epidemiolóxica estable”
Na rolda de prensa de hoxe, o conselleiro asegurou que Galicia “continúa a manter unha situación epidemiolóxica estable, a pesar da leve repunta de casos positivos das últimas datas”.
Así, salientou que o cumprimento das medidas hixiénico-sanitarias e o avance no proceso de vacinación están a derivar nunha cuarta onda de menor intensidade.
Máis de 1.000.000 de vacinas
No que atinxe ao proceso de vacinación, García Comesaña explicou que “Galicia xa superou o millón de doses administradas e, un total de 272.774 galegos e galegas xa completaron a súa vacinación”.
De acordo aos diferentes grupos de poboación, o conselleiro salientou que o 99% das persoas maiores de 80 anos xa recibiron algunha dose e que, o 75% deste grupo de idade xa conta coa pauta completa.
Tamén o 75%, de persoas con idades comprendidas entre os 70 e os 79 anos xa recibiron alo menos unha dose.
Pola súa banda, o 34,5% das persoas con idades entre os 60 e os 69 anos xa recibiron a primeira das doses da vacina. Esta cifra chega o 87% nos grupos esenciais; e o 70%, nas persoas con patoloxías de risco.