O presidente da Xunta opina que é posible celebrar este verán concertos con 10.000 persoas en Galicia. Así o dixo nunha entrevista concedida este domingo á Radio Galega.
Feijóo sinalou que se organizarían cun ‘aforamento limitado’, co público sentado, sen interacción e en espazos abertos. En concreto, o presidente referiuse ás actuacións no ‘Monte do Gozo’, que ten capacidade para 40.000 asistentes e no que se permitiría a asistencia de 10.000. Eso sí, acrarou, “se todo vai ben” no que se refire á evolución da COVID.
A metade da poboación galega vacinada en xullo
O presidente amosouse seguro de que no mes de xullo, mais da metade da poboación galega estará vacinada conta a COVID. Isto, engadiu, facilitará que, con medidas estritas, sexa posible organizar este tipo de concertos con 10.000 persoas.
No mesmo senso, Feijóo lembrou que Galicia está aberta dende o domingo pasado e que xa podemos acoller aos peregrinos. O xefe do Executivo galego comentou que as cousas empezarán a cambiar e que veremos un “incipiente Xacobeo” que, na súa opinión, comezará, de verdade, en xullo deste 2021.