Galicia

O Comercio de Vigo súmase á Hostalería na sinalización do Camiño de Santiago

O Concello de Vigo é o único de Europa que non permite instalar as sinais do Camiño de Santiago

O Comercio de Vigo súmase á Hostalería na sinalización do Camiño de Santiago

A delegada da Xunta presentou a sinalización homologada do Camiño de Santiago colocada nos comercios de Vigo.

O Comercio súmase á Hostalería viguesa

Durante unha visita a varios locais que xa exhiben os sinais, Marta Fernández-Tapias agradeceu a colaboración do sector nesta iniciativa. A delegada subliñou que o Comercio súmase á hostalería viguesa na sinalización do Camiño de Santiago.

Negativa do alcalde

Fernández-Tapias indicou que, “ante a negativa de Abel Caballero” a instalar a sinalización no tramo que pasa por Vigo, “tíñamos que dar un paso ao fronte”.

Máis de 140 comercio están adheridos ata o momento a esta iniciativa que “supón unha importante fonte de ingresos para estes sectores”. Por iso, a delegada da Xunta animou á cidade a “aproveitar a oportunidade que nos brinda o Xacobeo 21-22.

Vigo, única cidade de Europa sin sinais oficias do Camiño de Santiago

Marta Fernández-Tapias volveu a insistir en que “é un despropósito que Vigo sexa a única cidade de Europa que non ten instalada as sinais oficiais“. Ademáis, lamentou que “o Camiño e o Xacobeo sexan outro motivo de confrontación para o alcalde“.

Na súa opinión, “non é lóxico que Caballero prive aos peregrinos de contar coa información que precisan e a negocios de sectores como a hostalería ou o comercio dos incentivos económicos que supón para a cidade contar cun tramo dunha ruta xacobea oficial”.

“Caballero volver a quedar en evidencia”

É así, dixo a delegada, porque son o Comercio e a Hostalería os que asumen a colocación dos sinais do Camiño ao seu paso por Vigo. “Xa non é a Xunta, senón a cidade a que lle está a reclamar a Caballero que o Camiño de Santiago é un símbolo e un beneficio para todos”.

También te puede interesar