'Qué te cuentas?' Galicia

A Xunta adxudica 24 vivendas públicas en Vigo

Na rúa Canicouva, en réxime de alugueiro e compravenda

A Xunta adxudica 24 vivendas públicas en Vigo

A Xunta, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), realizou esta mañá o sorteo para adxudicación de 24 vivendas públicas en Vigo. As mesmas están en construción na rúa Canicouva, no lugar de Chantada.

As 24 vivendas sorteáronse entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia.

Polo miúdo, 20 vivendas son de 3 dormitorios e unha superficie de 85,7m2; outra de 4 dormitorios e de 99,65m2; 3 adaptadas para persoas con mobilidade reducida (1 de 3 dormitorios e 2 de dous dormitorios).

Alugueiro e venda

As vivendas adxudicáronse en réxime de alugueiro nos casos nos que os ingresos da unidade familiar non superan 1,5 veces o Iprem e en réxime de compravenda nas unidades con ingresos entre 1,5 e 2,5 veces o Iprem.

Do sorteo de hoxe saíu a lista dos adxudicatarios iniciais (21 da quenda xeral e 3 para a demanda das vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida) e unha lista de espera de 15 persoas demandantes de vivendas adaptadas e 50 para o resto.

A lista de adxudicatarios provisionais publicarase nos taboleiros de anuncios do Concello e na páxina web do IGVS.

Vigo

A delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias, subliñou que o orzamento total para estas vivendas públicas en Vigo foi de 3,4 millóns. Asimismo, apuntou que o obxectivo é o de “facilitar o acceso a unha vivenda, a un custe que sexa asumible, a todas as familias que precisen axuda”.

Fernández-Tapias lembrou que este ano a Xunta investirá 12,5 millóns de euros en vivenda pública na cidade. A mesma abrangue, entre outras iniciativas, o impulso da construción de 1.600 vivendas no ámbito residencial de San Paio de Navia. “Esta actuación deu un paso máis esta mesma semana coa entrega no Concello de Vigo do proxecto de urbanización”.

También te puede interesar